Manuel Pailós Blanco naceu en Corme, A Coruña, en maio de 1918 e dous anos despois xa desembarca coa súa familia en Montevideo, Uruguay, onde pasará o resto da súa vida. Desempeñaría varios traballos para axudar á familia pero o seu interese pola pintura levaríao a ingresar en 1942 no Círculo de Belas Artes, alí estaría guiado por mestres como Guillermo Laborde ou José Cúneo. Pero a súa influencia definitiva sería Joaquín Torres García co que estudaría no seu taller dende 1943, permanecería nel ata 1976 dando clases entre 1963-1967e chegando a dirixir o Taller Torres García nos últimos anos antes da súa transformación en Museo.
O Constructivismo foi un movemento innovador de enorme influencia creado por Torres García, tamén coñecido como Universalismo Constructivo ou Arte Constructiva. Torres García foi un dos grandes teóricos do noucentisme catalán, vinculado tamén con Van Doesburg ou Mondrian ao considerar a obra de arte coma unha estrutura pero rexeitaba a falta de representación do neoplasticismo. O Constructivismo plasma unha representación da realidade esquemática e gráfica, unha realidade reducida a signos e símbolos que se distribúen dentro dunha retícula ortogonal dando coma resultado un sistema único e unificado. O movemento aspiraba a dar unha visión unitaria do mundo a través dunha combinación esquemática de formas e cores pero sen chegar á abstracción total. É unha arte levantada sobre os principios de proporción, unidade e estrutura.
A primeira etapa de Pailós é fundamentalmente cubista, pero tras o contacto con Torres García a súa pintura cambia radicalmente. Implícase totalmente co movemento Constructivista e cos seus principios pero enriquéceo aportando unha visión persoal por medio da modificación do cromatismo e desenvolvendo unha ampla gama de deseño de signos e ideogramas froito da súa fecunda imaxinación. As obras de Pailós son comparables a un mosaico: están compostas por diferentes elementos ou fragmentos organizados de tal xeito que se obtén unha imaxe final, un todo proporcionado. Entre os signos e símbolos atopamos obxectos do seu tempo: globos, torres, barcos, androides, etc. Pailós emprega iconas se existe unha referencia co mundo real (humano ou obxectual) pero se non existe tal referencia opta por inventar signos propios. Ocres, sienas e vermellos moi apagados colorean figuras siluetadas cun negro intenso que tamén emprega para as retículas ou franxas descritivas coas que organiza cada lenzo. As súas obras son crebacabezas, xeroglíficos ou constelacións de signos a descifrar tras os que se agocha o mundo íntimo do artista.
Pailós experimentaba incansablemente en escultura e pintura con diferentes procedementos escultóricos e pictóricos (encáustica, óleo,…) e diferentes materiais (xeso, madeira, cemento, po de ladrillo,…) Traballaba sempre cunha certa continuidade que lle permitía expoñer regularmente, ben individualmente ou como parte dun colectivo variado.
A obra de Pailós forma parte do fondo de importantes museos uruguaios, arxentinos e españois e tamén está presente en grandes coleccións privadas tanto de América do Sur como do resto do mundo (Estados Unidos, Alemania, Israel). As súas esculturas públicas repártense por parques e prazas de Montevideo. O seu recoñecemento en Galicia prodúcese en 1991 cando realiza unha exposición en Compostela na Casa da Parra a petición da Xunta de Galicia; tamén se lle solicita a creación dunha escultura en granito para os xardíns da Facultade de Economía da Universidade. Seguirá vivindo en Montevideo ata o seu pasamento en 2005.