Balada de
los mares del norte (Alvarellos editora) é o nome do libro que recupera, por vez primeira, a
obra dispersa, esquecida ou inédita de Urbano Lugrís González e que, a partir
de hoxe e ata que finalice a exposición Lugrís
Pai, Lugrís fillo: surrealismo mariño, se poderá adquirir na galería de
arte José Lorenzo. A publicación recolle máis
de sesenta textos, cincuenta ilustracións e manuscritos, algúns deles nunca
antes publicados. Tiveron que pasar 35 anos desde a súa morte e
cen desde o seu nacemento para que a extraordinaria obra escrita do pintor
Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, 1973) vexa por fin a luz en
libro. Este volume culmina unha vella aspiración do artista: un desexo confesado
públicamente a comezos dos anos 60, pero que por distintas razóns non se
materializou... ata hoxe.
Balada de los mares del norte descóbrenos
ao poeta barroco, ao narrador de ficción pleno de referencias cultas e tamén a
un orixinal ensaísta. Ademáis, este libro recolle ilustracións moi
pouco coñecidas e manuscritos inéditos. Unha produción que abarca en total máis
de tres décadas. Este libro é o complemento ideal á exposición: Urbano Lugrís
escribía como pintaba, e esa fusión tan singular de lenzo e prosa deu como
resultado feliz unha voz única da cultura galega.
Urbano Lugrís González |
Este libro recolle máis de 300 páxinas de textos
dispersos, moi descoñecidos ou inéditos do autor, ata un total de 62 textos. Medio
centenar de ilustracións do Lugrís, algunhas delas tamén inéditas, e a
reprodución en cor de todas as cubertas orixinais de revista Vida Gallega
(anos 50). A responsable da edición anotada, introdución e apéndice é a
profesora da Universidade da Coruña, a doutora en Teoría da Literatura
Olivia Rodríguez González, filla de Mariano Tudela, un dos fieis
colaboradores de Urbano Lugrís.