A obra do escultor compostelán Camilo Otero abre a nova exposición
individual na galería de arte José
Lorenzo - La Marina. A mostra xa se pode visitar e estará aberta ao público
ata o próximo 5 de xaneiro. En
total, exhíbense 9 obras en bronce. A galería tratou de facer fincapé nas
constantes temáticas do artista: fragmentos anatómicos illados, maternidades,
figuras fantásticas e animais que encerran un complexo discurso de índole
política e social.
A súa obra é, formalmente, de
ascendencia cubista, combinada co vigor do expresionismo e nela cabe destacar o
fino acabado en bronce, sen comparación que lle poida facer fronte en toda a
escultura galega. Esta mostra trata de expresar que o artista compostelán xorde
como xenio superador da forza excesiva da tradición galega. É dicir, as
posicións estéticas de cambio que introducira sesgadamente Xoán Piñeiro, consolídanse, a partir dos anos 60, grazas á obra de
Camilo Otero.