O escultor de Rubiá (Ourense) Cochorro exhibe
as súas obras no patio interior da galería
José Lorenzo de Santiago de
Compostela. A mostra titulada “Revelacións”, que xa se pode visitar, está
composta por 10 esculturas de diferentes etapas creativas do artista. A
exposición, en cuxa selección de pezas e ordenación colaborou o propio autor,
estará aberta ao público ata o próximo 3 de outubro.
Na mostra poderase
ver o figurativismo esquemático como principal aceno de identidade de Cochorro:
xa sexa á hora de estudar o corpo humano ou ben cando define conceptos a través
dunhas esculturas que acariñan a abstracción. Todo iso faino o artista sen
esquecerse do estudo da materia: esta, dependendo de se se trata de mármore,
dunita, madeira ou lousa, esconde diferentes pezas sólidas. Figuras e conceptos
que o artista revela. Con todo isto, quíxose sintetizar unha arte que relacione
un certo sentido tradicional coa procura de novas interpretacións á hora de
entender a escultura.
O
artista
Cochorro chámase, en
realidade, Luís Fernández González.
Nace no ano 1950 en Rubiá (Ourense) e cara a 1975 realiza a súa primeira
exposición individual. Desde ese momento expuxo en multitude de galerías
galegas e noutras cidades estatais como Barcelona,
Málaga, Segovia ou Cuenca. No
ámbito internacional cabe destacar as exposicións realizadas en Lorient (Francia) e en Viana do
Castelo (Portugal). Ademais, o
artista goza dunha boa representación bibliográfica, destacando a Gran Enciclopedia Galega e a
enciclopedia de escultores galegos de Nova
Galicia Edicións.
O
patio interior
cunha exuberante contorna. O acceso a este lugar xa é digno de mención polos colosais murais de Urbano Lugrís González que colgan das súas paredes. Polo patio pasaron autores da talla de Buciños, Silverio Rivas, Xoan Piñeiro ou Acisclo Manzano.